O VII Torneo Marosa Cup de fútbol reunirá a máis de 40 equipos en Burela

AMariñaXa
O VII Torneo Marosa Cup volve a Burela do 24 e 25 de xuño, reunindo a uns 60 equipos de fútbol e ao redor de mil xogadores
VII Marosa cup 2023
14 Xuño 2023

O VII Torneo Marosa Cup de fútbol reunirá a máis de 40 equipos en Burela os días 24 e 25 de xuño. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “se trata dun torneo que xa está máis que asentado no calendario de torneos que se fan nestas datas en Galicia . Van participar máis de 40 equipos este ano, co que pega un salto de calidade importante nesta edición, que conta co apoio do Concello de Burela e da Deputación de Lugo”.

O edil burelés subliñou que “o Concello está a disposición do Porto de Burela e da SD Burela como organizadores, para axudarlles a que todo salga o mellor posible. Queremos agradecerlles ás directivas o traballo que fan por manter este gran torneo, que sabemos que supón pola súa parte un grandísimo esforzo”.

Fernández Rey engadiu: “desexarlles que todo salga ben. Esa fin de semana, a do 24 e 25 de xuño, vai ser moi movida en Burela porque coinciden tres eventos de grande repercusión como son o Marosa Cup, o Memorial Heroes do Orzán e a Festa Castrexa. Burela rexistrará un abarrote de xente esa fin de semana”.

Xunto aos organizadores estiveron os concelleiros Ramiro Fernández e Carmela López.

0.11287498474121