O Vicedo volverase manifestar para reclamar a cobertura de médicos
AMariñaXa
A veciñanza do municipio do Vicedo continúa coas protestas pola falta de médicos no centro de saúde do concello
21 Aug 2024
A veciñanza do municipio do Vicedo continúa coas protestas pola falta de médicos no centro de saúde do concello e reclaman de novo a cobertura das prazas de médicos con carácter fixo. Unha vez máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de manifestáronse para esixir mudanzas na situación.
Os convocantes programan unha nova concentración este domingo 25 ás 11.30 horas diante do Concello. Esta manifestación súmanse ás outras programadas nas que denuncian que durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, con días sen facultativo, outros nos que só se atenderon as urxencias, anuláronse citas ou só houbo atención catro horas. Tampouco lograron atención no pediatra en Viveiro.