O Vicedo volve ao pasado na Romaxe Vikinga

AMariñaXa
Esta semana O Vicedo prepárase para unha Ruta guiada pola praia de San Román e para a Romaxe Viquinga
romaxe_vikinga_2024
24 Jul 2024

Esta semana O Vicedo prepárase para unha Ruta guiada pola praia de San Román e para a Romaxe Viquinga. Así comeza unha semana importante no verán no municipio. O xoves continúan as rutas guiadas a través de Rutas Galicia Norte, nesta ocasión, aproveitando a chegada da Romaxe Viquinga, percorrerase a zona de San Román, o asentamento de Moutillós, a extraordinaria riqueza xeolóxica da praia e a cruz de San Román.

As inscricións poden facerse no 634 63 14 61. Son de balde pero precísase a reserva para garantir unha certa calidade con límite de inscricións. E o venres á noite e sábado todo o día é a quenda da Romaxe Viquinga. O venres ás 20.30 horas comezan co pregón a cargo do actor Alfonso Agra no Vicedo na Casa da Cultura e desfile posterior polas rúas do Vicedo e cantos de taberna

O sábado, durante todo o día en San Román, terá lugar a Romaxe Viquinga, co desembarco ás 12.30 horas, concurso de traxes viquingos, obradoiros, música irlandesa, torneo medieval a cabalo, voda viquinga, contacontos, enterramento viquingo e espectáculo de luz e música final.

0.16148090362549