O Vicedo revivirá o seu pasado viquingo esta fin de semana

AMariñaXa
Haberá concurso de traxes viquingos, obradoiros, música irlandesa, torneo medieval a cabalo, contacontos e enterramento viquingo
7ª-Romaxe-Viquinga-do-Vicedo
27 Jul 2024

A deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, asistiu ao pregón da 7ª Romaxe Viquinga do Vicedo, que ofreceu o actor Alfonso Agra. López lembrou a importancia da cita, coa que colabora a institución provincial cunha achega de case 30.000€ do Plan Deputación, que revive o pasado viquingo desta localidade mariñá.

A deputada aproveitou para convidar a veciños e visitantes a mergullarse na historia e a sumarse ás actividades que están programadas ao longo de toda a fin de semana na contorna de San Román, como son o desembarco, as batallas ou as vodas, entre moitas outras. Tamén haberá concurso de traxes viquingos, obradoiros, música irlandesa, torneo medieval a cabalo, contacontos, enterramento viquingo e espectáculo de luz e música final.

0.1625509262085