O Vicedo presenta unha actividade en torno á Intelixencia Artificial

AMariñaXa
Farase unha introdución mediante exemplos prácticos e aplicacións da IA no día a día
ia-o-vicedo
2 Nov 2024

A Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo presenta unha nova actividade sobre a Intelixencia Artificial para o día 22 de novembro de 16.30 horas a 18.00 horas.

A través deste curso gratuíto farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos, e algunhas aplicacións da IA no día a día, co obxectivo de tratar as seguintes cuestións: Que é a Intelixencia Artificial?, introdución ao concepto de IA e presentación de exemplos prácticos; O día a día coas tecnoloxías intelixentes, presentación de aplicacións cotiás que empregan IA, vantaxes do emprego de IA no día a día, e a súa contribución á sociedade; A Intelixencia Artificial próxima, revisión de exemplos prácticos (predición de texto, tradutor instantáneo etc.); O futuro da Intelixencia Artificial, posibles aplicacións futuras, principios éticos e revisión dos avances na regulación.

As inscricións están abertas e hai prazas limitadas. Para máis información contactar ca Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo en cemit.ovicedo@gmail.com ou cemit.ovicedo@xunta.es ou no teléfono 982 590 195 ou de forma privada nas distintas redes sociais.

0.1460587978363