O Vicedo licita por 1,18 millóns a xestión do seu centro de día para maiores

AMariñaXa
O contrato terá unha duración de tres anos, con opción a dúas prórrogas anuais
centro-de-dia-o-vicedo
17 Mar 2025

O Concello de O Vicedo sacou a licitación a explotación do centro de día para persoas maiores e dependentes, situado na antiga Casa do Mar, cun orzamento de 1.181.980 euros, IVE incluído. O contrato terá unha duración inicial de tres anos, con posibilidade de dúas prórrogas anuais.

As entidades interesadas en optar á concesión teñen un prazo de 26 días naturais para presentar as súas ofertas, contado a partir do 12 de marzo. Ademais, o Concello ofrece unha visita ás instalacións o venres 21 de marzo, previa comunicación coa traballadora social do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.073556900024414