O Vicedo incorpora unha persoa nova ao Concello durante nove meses para reforzar a súa formación laboral

AMariñaXa
A incorporación, a xornada completa, está vinculada ao Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade e busca mellorar a súa empregabilidade
concello-do-vicedo-casa-consistorial
4 Oct 2026

O Concello do Vicedo incorporou este ano a unha persoa nova inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ao abeiro do programa de contratación impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

A contratación realízase durante un período de nove meses, a xornada completa, para desempeñar funcións como empregado de bibliotecas e arquivos, na categoría de axudante non titulado. A persoa contratada estará adscrita ao Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Concello do Vicedo.

A incorporación enmárcase nas axudas reguladas pola Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de maio de 2026, destinada a facilitar a contratación de persoas mozas inscritas na Garantía Xuvenil por parte das entidades locais de Galicia.

O obxectivo principal desta iniciativa é contribuír á mellora da cualificación das persoas mozas contratadas, facilitándolles a adquisición de competencias profesionais e técnicas que poidan resultarlles útiles para o seu futuro laboral.

A través desta experiencia profesional, o programa pretende favorecer tamén a súa empregabilidade e facilitar unha integración sostible no mercado de traballo. A iniciativa combina así a incorporación temporal ao ámbito laboral coa adquisición de coñecementos e capacidades profesionais.

0.14661502838135