O Vicedo espera inaugurar unha ponte colgante este verán para abrir O Fuciño do Porco
O alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez, mantivo unha reunión co presidente da a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea. Durante o encontro, Barea solicitoulle colaboración económica ao Goberno local para levar a cabo unha ponte colgante no acceso ao Fuciño do Porco para salvar a zona dos desprendementos que na actualidade impiden acceder ao lugar.
“Estamos en espera de que me manden o proxecto para solicitar as autorización sectoriais e tamén bucar a financiación”, indica o rexedor. Segundo apunta, o Concello deberase facer cargo do 50 % do importe, polo que esperan “axilizalo o máximo posible para que este verán estea funcionando”.
A obra supón unha elevada inversión que podería ascender a uns 600.000 euros, que poderían incrementarse ao producirse posibles imprevistos durante a actuación e tamén tendo en conta a inestabilidade do terreo no que se vai a acometer. O Fuciño do Porco, no que se fixa un límite de visitantes por día, estivo pechado durante este verán con motivo dos desprendementos que se sucederon no camiño, que se tivo que precintar e cuxo estado empeorou no inverno pasado. Por outra banda, o O Goberno local impulsou a renovación do paseo marítimo, unhas obras que xa comezaron nestes días.