O Vicedo acollerá o 5º Trail-Andaina Fuciño do Porco-Caolín

AMariñaXa
O evento, que se celebrará o 18 de maio de 2025, contará con tres modalidades e homenaxeará á corredora Natalia Sánchez Pulgar
trail-curto-fucino-porco-2023
5 Feb 2025

O vindeiro 18 de maio de 2025, o concello de O Vicedo converterase no epicentro do trail galego coa celebración do 5º Trail-Andaina Fuciño do Porco-Caolín, un evento deportivo que combina a paixón pola natureza e o deporte ao aire libre.

A proba contará con tres modalidades adaptadas a diferentes niveis de preparación: andaina de 15 km, trail curto de 15 km e trail longo de 24 km. O percorrido discorrerá por algunhas das paraxes máis fermosas da Mariña Lucense, incluíndo o emblemático Fuciño do Porco, un dos enclaves turísticos máis recoñecidos da comarca.

O evento ten un compoñente emotivo especial, xa que se celebra como Memorial Natalia Sánchez Pulgar, en lembranza da corredora. A organización está a cargo do Concello de O Vicedo en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e outras entidades deportivas.

As inscricións xa están abertas e poden formalizarse a través da páxina web www.ccnorte.com ou en championchipnorte.

0.07583212852478