O VI Xove Costa Trail terá lugar os días 22 e 23 de marzo de 2025
O VI Xove Costa Trail terá lugar os días 22 e 23 de marzo de 2025 e as inscricións estarán abertas ata o 18 de marzo. Esta inscrición conta con diferentes tramos de cotas e opcións de devolución ata o 16 de marzo.
A proba conta con categorías para adultos (XCT27K e XCT18K) e para nenos (XCT NEN@S), con trofeos para os primeiros clasificados e medallas para os máis pequenos. Máis información e inscricións en www.xovecostatrail.com e www.ccnorte.com.
O Xove Costa Trail é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse ata a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.