O venres 12 de agosto volve o teatro á casa da cultura de Alfoz

AMariñaXa
O venres 12 de agosto o salón de actos da casa da cultura de Alfoz acollerá un espectáculo a cargo do Club de Teatro Elsinor.
club teatral elsinor Materna Alfoz 1
club teatral elsinor Materna Alfoz 1
11 ago 2022

O venres 12 de agosto o salón de actos da casa da cultura de Alfoz acollerá un espectáculo a cargo do Club de Teatro Elsinor.

Será a partir das 20.30 horas e nesta ocasión presentarán a súa obra Materna, dirixida por Xesús Pisón e na que destacan xunto a Manuel Lourenzo un elenco de actores e actrices afecionados da zona.

Sen dúbida farán desfrutar do teatro e que farán gozar aos espectadores coa súa calidade e dedicación. A entrada é libre e para todos os públicos.

club teatral elsinor Materna Alfoz