O Valadouro comeza a tempada deportiva cun torneo de fútbol 8


O municipio do Valadouro comeza a tempada deportiva cun torneo de fútbol 8 organizado polo Goberno local. A cita, que conta coa colaboración do A.D. Río Ouro, será o sábado 14 de setembro no Campo do Árbol. Na competición poderán participar as categorías prebenxamín (2018-2017), benxamín (2016-2015) e alevín (2014-2013). O torneo conta coa coalboración tamén da área de Deportes da Deputación de Lugo.