O Trofeo Máster de ciclismo Vila de Ribadeo disputarase o 17 de marzo

AMariñaXa
O 17 de marzo, domingo, celebrarase o Trofeo Máster de ciclismo Vila de Ribadeo.
visor A paisaxe galega desde a bicicleta_Etapa1A
visor A paisaxe galega desde a bicicleta_Etapa1A
13 Feb 2024

O 17 de marzo, domingo, celebrarase o Trofeo Máster de ciclismo Vila de Ribadeo. As probas empezarán ás 11.00 horas no parque de San Francisco, onde tamén estará a chegada.

Anunciouno o Club Ciclista Eo, que explica: “logo dun tempo volve o ciclismo a Ribadeo. Será o domingo 17 de Marzo co Trofeo Máster Vila de Ribadeo, proba puntuable para a Copa Galicia Máster de Estrada 2024 e abrirá o calendario nesta modalidade. Contará coas catro categorías Máster: M30, M40, M50 e M60, tanto masculinas como femininas”.

0.16755294799805