O tren turístico de Ribadeo volve unha tempada máis

AMariñaXa
O tren turístico de Ribadeo volve unha tempada máis a facer o seu percorrido ofrecendo oito viaxes diarias pola vila
tren turistico ribadeo
3 Xul 2021

O tren turístico de Ribadeo volve unha tempada máis a facer o seu percorrido ofrecendo oito viaxes diarias para achegar aos visitantes aos enclaves máis emblemáticos da vila.

É unha actividade moi ben recibida tanto polos turistas como polos veciños de Ribadeo e fai un percorrido moi completo polo centro da vila, polo porto e chega incluso ata o faro da illa Pancha, onde fai unha parada para poder sacar unha fotografía con esas vistas magníficas, e volve ao centro facendo un percorrido especialmente pola zona indiana na rúa de San Roque.

As viaxes van ser ás once, ás doce e á unha, e pola tarde ás catro, ás cinco, ás seis, ás sete e ás oito e ata o 15 de setembro. Os prezos serán de 4 euros para os nenos, 5 euros para os maiores de 65 anos e 6 euros para os adultos

0.18642902374268