O Sporting Pontenova busca xogadores para a canteira

AMariñaXa
O Sporting Pontenova mantén abertas as inscricións para a tempada 2024/ 2025
Sporting-pontenova-2023-1
12 Ago 2024

O Sporting Pontenova mantén abertas as inscricións para a tempada 2024/ 2025. Así dende o club buscan novas incorporacións para a súa canteira co obxectivo de seguir apostando polo deporte no municipio. Ofrecen, deste xeito, as categorías Biberón, para os nados no 2019-2020; prebenxamín, para os do 2017-2018; benxamín, que comprende aos nados no 2015-2016; alevín, para o 2013-2014; infantil, do 2011 ao 2012; cadete, 2009-2010 e xuxenil, que comprende aos rapaces do 2006 ata o 2008.

Os amantes do fútbol interesados en probar co equipo do concello poden pedir máis información no 699 818 091 e tamén a través do correo sportingpontenova@gmail.com

0.08470892906189