O seteiro Santi González, do Iadovi de Cervo, representará a España no Campionato de Europa de 3D

AMariñaXa
O seteiro Santi González, do club Iadovi de Cervo, prticipará no Campionato do Mundo de Tiro con Arco en Campo
santi gonzalez iadovi cervo arco
23 sep 2023

O arqueiro Santi Gozález Villares logrou ser seleccionado para representar a España no Campionato de Europa na modalidade 3D, do 24 de setembro ao 1 de outubro, na localidade italiana de Cesana San Sicario.

O arqueiro, integrante do club Iadovi, competirá, xunto con outros dous compañeiros na modalidade Arco Desnudo, formando parte da delegación española que estará conformada por unha trintena de deportistas, entre as modalidade de Campo e 3D.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente-alcalde, Mali Méndez, recibiron ao arqueiro para desexarlle sorte nesta fazaña “nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal”.

Aproveitaron para darlle os parabés pola incrible tempada que está realizando un ano máis “todo un orgullo para Cervo” e  animáronno a desfrutar dunha experiencia única “que moi poucos deportistas conseguen facer realidade”.

0.095940113067627