O seteiro cervense, Santi González, proclamouse campión Galego de aire libre

AMariñaXa
O seteiro cervense, Santi González Villares, proclamouse campión Galego de aire libre en Pontevedra esta fin de semana
cervo aRQUEIRO SANTI Gonzalez VILLARES
18 Xul 2022

O seteiro cervense, Santi González Villares, foi recibido na Casa do Concello polo alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez; que lle fixeron entrega dunha figura de Sargadelos como recoñecemento aos seus éxitos deportivos.

A súa próxima cita deportiva será o vindeiro fin de semana en Madrid, onde desputará a fase eliminatoria para o campionato do mundo de 3D que terá lugar en Italia o 5 de setembro.

Esta mesma fin de semana proclamouse campión Galego de aire libre en Pontevedra e tamén acaba de facerse co ouro no Nacional de campo.

González pertence ao club cervense Iadovi, que leva máis dunha década colleitando grandes resultados tanto en categorías de base como séniors.

0.18167901039124