O servizo de madrugadores do Valadouro fai unha enquisa lectiva

AMariñaXa
Coma nos últimos anos, o Concello do Valadouro contará para o vindeiro curso 2022/2023 co programa de conciliación
madrugadores castroverde 1
madrugadores castroverde 1
17 ago 2022

Coma nos últimos anos, o Concello do Valadouro contará para o vindeiro curso 2022/2023 co programa de conciliación e a apertura do CEIP Fora do horario lectivo para os alumnos que cursen os seus estudos no CEIP Santa María do Valadouro. Este divídese nos subprogramas Madrugadores e A tarde máis diver.

O subprograma Madrugadores desenvolverase de 08.15 a 09.30 horas e terá como horas de entrada as 8.15 e as 8.45.

A tarde máis diver desenvolverase de 16.00 a 19.00 horas, coincidindo co remate da xornada lectiva, e terá como horarios de saída as 17.00, 18.00 e as 19.00 horas, adiantándose media hora os horarios de entrada e saída durante os meses de xuño e setembro para coincidir cos horarios do centro escolar.

Co fin de coñecer as necesidades de conciliación das familias dos alumnos do CEIP Santa María do Valadouro, o Concello promove a participación das mesmas nunha enquisa previa á publicación das Bases reguladoras e á apertura do prazo de solicitudes.

A participación nesta enquisa non supón a reserva de prazas para os alumnos no programa, debendo formalizarse a solicitude de inscrición unha vez aberto o prazo e aportando a documentación esixida polas bases reguladoras.

Todas as familias dos alumnos que vaian cursar estudos no CEIP Santa María para o curso 2022/2023 poderán participar na enquisa de necesidades de conciliación cubrindo o modelo anexo e presentándoo nas Oficinas Municipais, ou a través da Sede Electrónica do Concello do Valadouro mediante o trámite Instancia Xeral.