O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión cultural

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión cultural ás terras de Taramundi, A Pontenova e Ribadeo. Durante a mañá visitaremos o Museo da Coitelaría, a Queixería artesanal de Taramundi e poderemos desfrutar das fermosas paisaxes naturais da alta montaña. Logo, xantaremos no Hotel Restaurante San Briz da Pontenova, deseguido, faremos un percorrido polos Fornos de calcinación e outros espazos significativos da vila e das antigas minas de ferro.
Finalmente, realizaremos unha breve visita ao casco histórico de Ribadeo para regresar a Viveiro.
A saída será ás 8 horas da mañá da Estación de Autobuses de Autobuses de Viveiro o domingo 27 de novembro; 22 euros socios e 25 euros non socios. Retirada de tickets en Seguros Mapfre Akilino
