O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Lugo con motivo do San Froilán

AMariñaXa
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro celebrará o vindeiro domingo 26 de marzo a tradición local do Día das Tortillas
pulpo polbo
pulpo polbo
28 sep 2023

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Lugo, coincidindo co popular Domingo das Mozas. Antes de chegar a cidade das murallas, na entrada da capital, visitarán a igrexa románica de Santiago de Meilán do século XII e as carballeiras dos arredores. Logo, realizarán un pequeno percorrido polo casco histórico lucense e algunha das portas máis importantes. Deseguido, en distintas rúas lucenses, poderán gozar de variadas actuacións folclórico-musicais e do ambiente dos viños no centro.

Despois, xantarán na Pulpería-Restaurante Manolo de Marce, onde degustarán un rico menú composto de entrantes, polbo á feira, carne ao caldeiro e sobremesas típicas.

Pola tarde farán unha visita aos espectaculares murais que e exaltan a cultura castrexa e romana, obra de recoñecidos artistas lucenses como Diego As ou Manuel Pallín.

A saída será ás 9.00 da mañá da Estación de Autobuses de Viveiro o domingo 8 de outubro; 33 euros socios e 36 non socios. A retirada de tickets farase en Seguros Mapfre Akilino.

seminario terras viviero san froilan 2023
0.1927969455719