O sábado terá lugar en Viveiro o primeiro torneo de fútbol de rúa 4x4
O Concello de Viveiro acollerá esta fin de semana o primeiro torneo de fútbol na rúa 4x4, organizado polo Celeiro Club del Mar, o conxunto de Terceira Galicia de fútbol. Trátase dunha iniciativa novidosa para o Concello pero que que segue a corrente que se está a extender de volver levar a práctica deportiva ás rúas das vilas e cidades. Nesta primeira edición serán finalmente 6 os equipos participantes.
Malia que nun principio esta celebración ía ter lugar en agosto, tivo que aprazarse con motivo de la celebración do Resurrection Fest e moitos dos equipos tiveron que anular a súa participación polo inicio do curso escolar.
Esta primeira edición do torneo de fúrbol na rúa vai ser na pista de lavandeira pero o obxectivo dos organizadores é que esta cita teña continuidade e se desenvolva por outras pistas nas próximas edicións. O primeiro partido terá lugar ás 10.00 horas do sábado.
Así, as normas indican que haberá entre 4 e 8 xogadores por equipo e que os estes terán que ser maiores de 16 anos, podendo combinarse homes e mulleres e idades como se queira, “porque o obxectivo é fomentar a diversidade”, explica a organización. Adiantan tamén que aínda que este ano, como será unha proba están limitados pola idade, pero que buscarán ampliar o rango de idade para as próximas.
O equipo gañador do sorteo recibirá 200 euros e un trofeo, o segundo cen euros e o terceiro 60. Ademais, haberá un trofeo ao mellor xogador, que elixirán entre os capitáns de todos os equipos.
Como non podería ser doutro xeito, a competición seguirá o protocolo covid polo que será obrigatorio xogar con máscara e seguir as condicións que haxa nese momento.