O sábado será a Marcha cicloturista de Viveiro
AMariñaXa
A Marcha cicloturista organizada pola Pena Ciclista Lar de Viveiro terá lugar o vindeiro 17 de setembro ás 15.00 horas
15 sep 2022
A Marcha cicloturista organizada pola Peña Ciclista Lar de Viveiro terá lugar o vindeiro 17 de setembro. A marcha estará formada por un percorrido de 75 quilómetros e un tempo máximo para a realización da mesma de 4 horas que culminará no mítico San Roque.
A proba poderase realizar de forma individual ou por equipos e os participantes deberán descargar a App para móbil de Ranckr co fin de gravar o percorrido. A saída será ás 15.00 horas dende a praza Pastor Díaz
As inscricións xa están pechadas e de todas elas 1 euros será doado para a asociación DEBRA, www.debra.es