O sábado 4 de marzo celébrase o xantar para os maiores de Alfoz

AMariñaXa
O sábado 4 de marzo celébrase o xantar para os maiores de Alfoz que comezará ás 13.00 horas cunha misa na Igrexa de San Pedro de Mor
1 xantar terceira idade alfoz
1 xantar terceira idade alfoz
22 feb 2023

O sábado 4 de marzo celébrase o xantar para os maiores de Alfoz que comezará ás 13.00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor e ás 14.40 horas dará comezo o xantar en Finca Galea, rematando cunha actuación musical e a entrega de agasallos aos asistentes máis maiores, así coma aos matrimonios que celebren as súas bodas de ouro.

O menú consta de vieiras á galega, bacallau ao forno, carrilleras de porco e couland de chocolate con xeado, café, chupito e bebida incluída.

As inscricións faranse ata o 27 de febreiro no Concello, Concellalía de Servizos Sociais. Para as persoas xubiladas e empadronadas en Alfoz será gratis, os acompañantes non xubilados e/ou empadronados interesados en asistir pagarán 40 euros.

Máis información no teléfono 982 558 001.

xantar terceira idade alfoz