O sábado 22 será o Trail Monte Comado de Barreiros
A asociación cultural e deportiva Praias de Comado comunicou que o sábado 22 de xullo será a proba 1/2km, o trail infantil e a andaina Vertical Comado 2023.
Para a andaina a saída será dende a praia de Arealonga ás 10.00 horas e haberá un camiño sinalizado para a volta ao lugar de saída. A meta estará situada no lugar de saída.
A entrega de dorsais será o mesmo día da proba dende 1 hora e media antes na zona de saída e ata media hora antes da saída.
Para o 1/2km Vertical Comado a saída farase dende a praia de Arealonga ás 11.00 horas e existirá servizo de portamochilas da saída ata a meta. Recoméndase mandar unha mochila con roupa para abrigarse ao remate da carreira, xa que a diferenza de temperatura pode ser notable. Os corredores retornarán á saída polos seus propios medios, organizaranse grupos para a baixada e estará sinalizada. A meta estará situada no cumio do Monte Comado en Reinante-Barreiros-Lugo .
As carreiras infantís terán lugar no cumio do Monte Comado, a partir das 10.30. O traslado ata a zona de carreira será por conta das persoas interesadas.
Posteriormente, xa nas faldas do monte Comado, o percorrido continuará por un camiño de montaña cara o cumio do mesmo. A distancia total 3.800 metros aproximadamente, salvando un desnivel de 500 metros positivos.
Para máis información haberá que consultar a web ou contactar por email con praias.de.comado@gmail.com, xose9@hotmail.com e co teléfono 653 684 615.