O domingo 9 de outubro será a I Carreira popular Alfoz-Valadouro

AMariñaXa
Os concellos de Alfoz e O Valadouro acollerán o vindeiro sábado 10 de setembro a I Carreira popular Alfoz-Valadouro
carreira alfoz valadouro outubro 2022
28 Ago 2022

Os concellos de Alfoz e O Valadouro acollerán o vindeiro domingo 9 de outubro a I Carreira popular Alfoz-Valadouro e será unha proba que se disputará sobre un percorrido moi rápido de 5.000 metros, totalmente urbanos, nun tempo de 50 minutos.

A cita deportiva, que terá saída a partir das 10.30 horas da mañá, será sobre un circuíto de 200 metros para Pícaros, 400 Benjamines, 800 Alevíns, 1.600 Infantís e Cadetes e 5.000 para a competición Absoluta. Con saída no Castelo de Castro Douro e meta fronte ao CEIP Santa María do Valadouro.

A competición transcorrerá por un circuíto mixto pechado á circulación de vehículos, cun perfil moi suave propicio para unha carreira rápida.

A inscrición estará limitada a 300 corredores para a carreira absoluta, 100 corredores para a carreira Pícaros, 100 corredores para a carreira Benxamíns, 100 corredores para a carreira Alevín, 100 corredores para a carreira Infantil e Cadete. As inscricións en liña poderán realizarse ata o 5 de outubro.

A saída comezará ás 11.15 horas coa categoría Pícaros Prebenxamín de 200 metros, ás 11.20 horas será a de Benxamín, ás 11.25 será a de Alevín, e despois a de Infantil e Cadete, e ás 10.30 horas será a Absoluta. Tamén haberá unha andaina solidaria ás 10.00 horas

A entrega de trofeos das probas realizarase ao finalizar a Carreira Absoluta

carreira alfoz valadouro
0.19278693199158