O Ribadeo gaña o Torneo Delegación ao meterlle 6 goles ao San Roque

AMariñaXa
O San Roque enfrontouse ao Ribadeo na mañá do domingo e empezaron gañando, pero o partido deu a volta
Ribadeo-FC-2024
10 Xuño 2024

O Ribadeo vén de gañar o Torneo Delegación ao marcarlle 6 tantos ao equipo San Roque despois de que este lle gañara nas semifinais ao Porto Burela.

Con isto, o San Roque enfrontouse ao Ribadeo na mañá do domingo e no minuto 14 meteron un gol, pero en pouco tempo os da Mariña empataron cun tanto de Álvaro Bautista.

O enfrontamento rematou, na primeira parte, cun empate de ámbolos dous equipos, pero á volta o Ribadeo empezou marcando outro, deixando o marcador 2-1 e dez minutos despois meteu dous goles máis. Aínda tendo gañado o torneo, pecharon a final cun marcador de 6-1.

0.11275506019592