O Ribadeo FS recibiu unha achega para a adquisición de mochilas
O Ribadeo FS é un dos clubes máis representativos do municipio polos valores que inculcan a os nenos e nenas do club, por iso o grupo municipal popular fixo unha achega para adquirir 70 mochilas para os membros do club.
O grupo municipal resalta o seu compromiso axudando ao club na tramitación dunha das achegas da Xunta e Galicia para a renovación do equipamento do club.
Neste sentido, o coordinador de deportes, Tito Suárez, explica que “nos seguimos traballando polo deportes ribadenses, mantendo o noso compromiso coas entidades deportivas. O Ribadeo FS demandábamos, despois de varias reunións, unha achega para contar con novas mochilas para a temporada 2022-2023, e por iso axudamos nas xestións ante a Xunta de Galicia e agora xa contan co equipamento”.