O Ribadeo FC proclamouse vencedor da Copa Deputación 2023

AMariñaXa
O Ribadeo FC proclamouse vencedor da Copa Deputación 2023 ao gañar ao Chantada Atlético por 2-1 no partido xogado en Pol
Ribadeo FC final Copa Deputacion
19 Xuño 2023

O Ribadeo FC proclamouse vencedor da Copa Deputación 2023 ao gañar ao Chantada Atlético por 2-1. O partido celebrouse nun estadio municipal de Pol cheo de afeccionados celestes.

O enfrontamento comezou sen grandes xogadas polo que o primeiro gol non chegou ata o minuto 77, xa na segunda parte, gracias a Jorge. Poucos minutos despois, Daniel, logrou o empate para os chantadeses. Cando faltaban tres minutos para o remate do partidos, Alejandro sumou un gol ao marcador mariñao, facendo así, que os ribadenses levaran a Copa para casa.

0.12138485908508