O Ribadeo de Tapeo contará cunha nova modalidade de premio, a máis sostible

AMariñaXa
O Concello ven de presentar as bases do concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que terá lugar do 13 ao 21 de maio. 
28 Feb 2024

O Concello de Ribadeo quere aunar a sostibilidade e a gastronomía e para elo creará unha nova modalidade de premio. Será a tapa máis sostible dentro do concurso de tapas Ribadeo Tapeo, apostando así por alimentos de proximidade. Será unha iniciativa pioneira que se levará a cabo contando coa asociación Eo Alimenta.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, indicou que “nesta nova edición damos prioridade á sostibilidade, pois é unha aposta clara de futuro que influirá de forma positiva na nosa comunidade e na economía local. Queremos iniciar e establecer unha rede de contactos entre as persoas hostaleiras e as persoas produtoras da zona. Así creamos a categoría de tapa sostible na que un dos requisitos será que a tapa esta elaborada nun 50% con ingredientes procedentes da proximidade”.

A edil ribadense explicou que “para facilitar esta á participación nesta nova categoría e fomentar o consumo de produtos de proximidade o Concello quere enviar un listado de posibles provedores de produtos aos hostaleiros para que así coñezan a oferta do territorio, sexan de horta, pesca, gandeiros ou elaborados (queixos, marmeladas, cervexa etc.. ) e procedentes de lugares que teñan unha distancia con Ribadeo de 100 quilómetros ou menos”.

Marta Saiz convida “ás persoas interesadas en participar desta iniciativa a poñerse en contacto a través do correo electrónico adl@ribadeo.gal ou a través do teléfono 982 128 650  para que nos transmitan a posible oferta de produtos dispoñibles nas datas do concurso, que se celebrará do 20 ao 28 de abril. O prazo para o envío será o vindeiro 3 de marzo”.

E engadiu que “ademais o Concello quere animar á hostaleira a participar desta categoría do premio á  tapa máis sostible, que de seguro dará unha nota de calidade e distinción ao Ribadeo de Tapeo. Para elo desenvolvérase unha reunión informativa e de asesoría con respecto a esta categoría de tapa o vindeiro luns, 4 de marzo, ás 10.30 horas na Casa de El Viejo Pancho. Será con Eo Alimenta. Aquelas persoas que non poidan asistir poden resolver as súas dúbidas achegándose ou chamando ao departamento de ADL do Concello de Ribadeo”.

0.18326616287231