O Ría de Foz conseguiu unha prata no Memorial Alejandro Gómez
AMariñaXa
O club de atletismo Ría de Foz participou no Campionato Xunta de Galicia 10.000 m.l. Memorial Alejandro Gómez celebrado en Noia.
26 Apr 2021
O club de atletismo Ría de Foz participou no Campionato Xunta de Galicia 10.000 m.l. Memorial Alejandro Gómez celebrado en Noia no que conseguiu unha prata.
Neste campionato absoluto, que serviu para homenaxear por primeira vez a memoria do gran atleta Alejandro Gómez, representou as cores focegas Simón Río.
A carreira protagonizada polo atleta foi dunha enorme valentía, posto que comandou a proba desde as primeiras voltas e despois dun esforzo titánico cruzou a meta na segunda posición.