O Renacer do Cantil aposta polo turismo tranquilo e consciente polo Concello de Ribadeo
O Concello de Ribadeo apostará nas fins de semana de maio e xuño polo turismo tranquilo e consciente, buscando a desestacionalización e a captación de novos segmentos de visitantes. Farao co programa de actividades O Renacer do Cantil, que inclúe prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros, xeorutas ou arte na natureza para os máis pequenos.
Esta nova iniciativa, que se desenvolverá en escenarios naturais da costa ribadense e é unha aposta polo turismo tranquilo e consciente, a favor da desestacionalización do destino de Ribadeo e á captación de novos segmentos de turistas e visitantes.
Trátase de propostas innovadoras e beneficiosas para o benestar físico e emocional que van celebrarse en diferentes escenarios naturais do entorno costeiro, poñendo en valor a biodiversidade e a beleza que garda unha das costas máis auténticas de Galicia.
Este programa de actividades comezará o 7 de maio cunha actuación poética a cargo do recoñecido guía e actor Suso Martínez, para continuar abordando nas vindeiras fins de semana: prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros de coiro e, por suposto, xeorutas, paseos cos cinco sentidos pola nosa costa, arte na natureza para os máis pequenos, teatro, música e tamén festa. Son propostas para o benestar persoal e para celebrar un novo renacer da natureza.
A programación de cada unha destas actividades será publicada na web de Turismo de Ribadeo (http://turismo.ribadeo.gal), a participación será gratuíta e nalgúns casos vaise ver limitada a grupos de vinte persoas. Para inscribirse e participar nestas actividades débense cubrir os formularios que están a disposición dos interesados na páxina web turismo.ribadeo.gal.