O punto limpo móbil de Ribadeo está ata o 18 de maio a carón da escola de Vilaselán

AMariñaXa
O punto limpo móbil de Ribadeo está ata o 18 de maio a carón da escola de Vilaselán o 1 de xuño a PiñeiraEsta é a sétima parada deste vehículo
250323 Foto punto mobil Cedofeita
250323 Foto punto mobil Cedofeita
7 may 2023

O punto limpo móbil do Concello está ata o 18 de maio a carón da escola de Vilaselán. No punto limpo móbil poden depositarse residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”.

O punto limpo móbil do Concello de Ribadeo volverá do 18 de maio ao 1 de xuño a Piñeira, do 1 ao 15 de xuño visitará Vilaframil, do 15 ao 29 de xuño na Devesa, do 29 de xuño ao 13 de xullo en Santalla de Vilausende, do 13 ao 27 de xullo volverá a Couxela, do 27 de xullo ao 10 de agosto estará en Cedofeita, do 10 ao 24 de agosto en Covelas e rematará a segunda quenda en Arante do 24 de agosto ao 7 de setembro.