O punto limpo móbil de Foz percorrerá parroquias e núcleos rurais ata marzo de 2027

Foz
AMariñaXa
O servizo estará en Nois, Fazouro, San Martiño, Foz e Vilaronte nas próximas semanas e continuará o percorrido por outras parroquias durante os primeiros meses do ano
punto-limpo-móbil-pobra-brollón-1
8 Nov 2026

O punto limpo móbil de Foz continuará o seu percorrido polo municipio durante os meses de novembro e decembro e prolongará o calendario ata comezos de marzo de 2027. O servizo itinerante facilita que a veciñanza poida depositar residuos nos diferentes puntos habilitados, achegando a recollida a distintas parroquias e núcleos rurais.

O punto estará en Nois situado no Centro Social de Saira do 11 ao 17 de novembro. A ruta continuará en Fazouro, primeiro na estrada LU-151 de San Acisclo, do 18 ao 24 de novembro, e despois na área recreativa, onde estará entre o 25 de novembro e o 1 de decembro.

Xa en decembro, o servizo chegará a Forxán, na parroquia de San Martiño, do día 2 ao 8. Posteriormente instalarase no pavillón municipal de Marzán, en Foz, entre o 9 e o 15, e en Vilaxoane, do 16 ao 22. A última parada antes do Nadal será Mañente, en Vilaronte, do 23 ao 29 de decembro.

O calendario continuará durante 2027. A primeira localización do novo ano será Espiñeira, en Vilaronte, onde o punto limpo permanecerá do 30 de decembro ao 5 de xaneiro. Despois trasladarase á Igrexa, tamén en Vilaronte, entre o 6 e o 12 de xaneiro.

O percorrido seguirá en San Martiño, con paradas no Caritel, do 13 ao 19 de xaneiro, e en Ver, do 20 ao 26. A Ermida será o seguinte emprazamento, entre o 27 de xaneiro e o 2 de febreiro.

En febreiro, o servizo visitará Vilatuixe, na parroquia de Santa Cilla, do 3 ao 9; O Chao, do 10 ao 16; e Trasmonte, do 17 ao 23. A última parada recollida no calendario será A Ponte, en San Acisclo, onde estará do 24 de febreiro ao 2 de marzo de 2027.

0.10389304161072