O público do XVI Ribadeo de Tapeo decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada

AMariñaXa
O público do XVI Ribadeo de Tapeo decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada. 
ribadeo tapeo premios publico 2023
ribadeo tapeo premios publico 2023
31 Maio 2023

O público do XVI Ribadeo de Tapeo decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada.

Con anterioridade xa se coñeceran as tapas elixidas polo xurado oficial do veterano concurso gastronómico. O primeiro premio foi para o Bar Queimada, o segundo para Ramonita e o terceiro para El Oviedo. A Tapa de Ribadeo recaeu no Marinero que obtivo, a súa vez, unha mención especial pola súa elaboración excepcional. E outra mención especial foi para o Kalpa Amodiño por ser pensada a súa tapa para toda a clientela e elaborada con creatividade e produtos de cerca.

O concelleiro en funcións de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicita aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público. E queremos darlles as grazas aos trinta establecementos hostaleiros que participaron na décimo sexta edición do noso concurso gastronómico. E grazas tamén a toda a xente que do 13 ao 21 de maio se achegaron á hostalaría local para saborear todas estas creacións en miniatura”.

O edil ribadense engadiu: “daba gusto pasear polas rúas de Ribadeo e ver o ambiente de tapeo que se rexistrou durante todos eses días. Aproveito tamén para agradecer as colaboracións da hostalaría local e das firmas apoiaron o Ribadeo de Tapeo, grazas ás que o público puido participar nun importante sorteo de agasallos”.

Os premios que recaeron no publico que formou parte deste concurso gastronómico coas súas votación temos:

Premiados da ZONA 1

  • Unha comida ou cea de arroz caldoso para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento. Lucio Guillermo López Sosa (Ribadeo)
  • Unha comida ou cea para dúas persoas no Parador de Ribadeo por cortesía deste establecemento. Lorena Arruñada Rico (Ribadeo)
  • Unha comida ou cea para dúas persoas en Ramonita por cortesía deste establecemento. Mónica (Trabada)
  • Unha cea de arroz para dúas persoas en A Flor de Jose por cortesía deste establecemento. Rebeca Yanes López (Ribadeo)

Premiados da ZONA 2

  • Unha cea para dúas persoas en Restaurante Marinero por cortesía deste establecemento. Antonio López Salgado (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas en Restaurante A Menchina por cortesía deste establecemento. Chabeli Gutiérrez Gutiérrez (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas en Kalpa Amodiño Taberna Gastronómica por cortesía deste establecemento. José Antonio Arruñada (A Pontenova)
  • Unha paella alacantina para 4 persoas en Mesón D´Cata por cortesía deste establecemento. Ruben Sánchez Gutiérrez (Ribadeo)

Premiados da ZONA 3 

  • Unha comida ou cea para dúas persoas en Bar Galicia por cortesía deste establecemento. Iván (Ribadeo)
  • Unha cea de arroz caldoso para dúas persoas en A Quinta por cortesía deste establecemento. Brenda (Ribadeo)
  • Unha comida para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento. Miguel Pulpeiro Grueso (Ribadeo)
  • Unha comida para dúas persoas en A Ribeira por cortesía deste establecemento. Alfredo Umlauff Sarmiento (Ribadeo)

Premiados da ZONA 4 

  • Un tapeo para dúas persoas en O Indiano por cortesía deste establecemento e Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento O Lar de Manolo. Alba Pertierra Martínez (Ribadeo)
  • Unha cea habanera  para dúas persoas en O Círculo Habanero de A Devesa por cortesía deste establecemento e Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento El Portolés. Mariña Rodríguez Rubiños (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas en La Solana por cortesía deste establecemento. Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento A.G. Porcillán. Ana Belinda Sanjurjo Reigosa (Ribadeo)
  • Unha estancia para dúas persoas nun Parador de Turismo con almorzo incluído. Ana Belén Posada López (Ribadeo)

Premiado da RUTA TAPEO 16

  • Héctor Salgado Díaz (Arante). O premio inclúe: Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián), un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento O Piano; un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.
  • Pablo García Legazpi (Ribadeo): un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Café – Bar Madison: un almorzo para dúas persoas en Mareta por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.
  • Suso Fernández Acevedo (Ribadeo): Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Motor Head Tapas; un almorzo para dúas persoas en Cafetería Barallocas por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar o mes xuño ou xullo por cortesía deste establecemento.
  • Maite Diniz Lastra (Ribadeo): Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento El Oviedo; un almorzo para dúas persoas en Mareta por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.
  • Sergio García Legazpi (Ribadeo): Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un botellón de viño Santiago Ruiz por cortesía de La Bugalla; unha “tapas do venres” para dúas persoas en Bar de Tere _Estación de Autobuses por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.

RUTA PICARIÑO/PICARIÑA LAMBÓN 

  • Un lote de libros doados pola Deputación de Lugo. Luana Uroz Roas (Ribadeo)

RUTA TAPEO EXPRESS

  • Unha estancia para dúas persoas nun Parador de Turismo con almorzo incluído. Susana Fernandez Prieto (Viano do Bolo)
0.18831515312195