O PSOE do Vicedo pide unha solución á falta de médicos no centro de saúde

AMariñaXa
No último pleno municipal, a voceira socialista Verónica Canoura defendeu un rogo para que se leven a cabo as xestións oportunas para mellorar a situación do centro de saúde
concentración_o_vicedo_sanidade
Última concentración en defensa do centro de saúde do municipio
4 Aug 2024

No último pleno municipal, a voceira socialista Verónica Canoura defendeu un rogo para que se leven a cabo as xestións oportunas para mellorar a situación do centro de saúde e “buscar unha solución inmediata xa que esta situación estase a demorar en tempo”. Continúan a falta de facultativos no centro que está sen praza fixa de médico e tamén seguen as “manifestacións mensuais nas que os veciños se fan eco deste problema e demandan solucións, contratacións eventuais dunha praza de médico, e outra praza sen cubrir”, sinala a voceira.

De feito, as asociacións culturais e deportivas estanse a manifestar cada mes no Concello por esta situación. No pleno tamén preguntaron, tras dous anos  consecutivos nos que non se ían izar as bandeiras azuis concedidas pola Adeac nas praias de Abrela e Xilloi, se "se podería explicar a situación de non contratación de socorristas neste Concello este verán”. Segundo os socialistas, a resposta do Goberno municipal é que ofertaran 6 prazas de socorristas para as dúas praias e que finalmente para poder abrir unha delas necesitaban a 4 socorristas e só conseguiron 3, polo que así non contrataban aos profesionais.

0.19324493408203