O PSOE do Valadouro comeza a traballar de cara ás próximas municipais cunha reunión da xestora

AMariñaXa
O encontro contou coa participación do presidente da entidade provincial, Lucho Lago; do senador César Mogo; e de membros da agrupación socialista
reunion-xestora-o-valadouro-psoe
7 Jun 2026

O PSdeG de O Valadouro mantivo o pasado venres unha reunión de traballo da súa Comisión Executiva Municipal co obxectivo de avanzar na preparación da candidatura socialista para as eleccións municipais de 2027 e reforzar o proxecto político da agrupación no municipio.

No encontro participaron o presidente da Xestora provincial do PSdeG de Lugo, Lucho Lago; o senador e vogal da Executiva local, César Mogo; o secretario xeral do PSdeG de O Valadouro, Adrián Rego Seijas; o secretario de organización, Alejandro Fernández Reigosa; e a voceira socialista no Concello, María Xosé Barreira Goás.

Durante a reunión, as e os socialistas analizaron a situación actual do municipio e abordaron as principais necesidades da veciñanza, con especial atención aos servizos públicos, o rural, a actividade económica, a atención ás persoas maiores e as demandas das parroquias.

A reunión enmárcase no proceso de fortalecemento das agrupacións locais que a dirección provincial socialista está a desenvolver nos distintos concellos da provincia de Lugo, co obxectivo de reforzar a presenza territorial do PSdeG, impulsar equipos de traballo e preparar as candidaturas para as eleccións municipais de 2027.

As e os socialistas de O Valadouro subliñaron que seguirán traballando nos próximos meses para consolidar un proxecto municipal “aberto, participativo e centrado nas persoas”, capaz de ofrecer unha alternativa de futuro para o concello.

0.11624193191528