O PSOE di que "o novo conselleiro do Mar repite nos orzamentos de 2024, a receita do fracaso dos últimos 14 anos"

AMariñaXa
Remataron as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro, no municipio lugués de Viveiro.
patricia otero parlamento galego 2023
28 Oct 2023

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero criticou o continuísmo nos Orzamentos da Consellería do Mar para o próximo ano. A responsable socialista advertiu, na comparecencia no Parlamento do novo conselleiro para presentar as contas de 2024, que “repetir as mesmas políticas para os mesmos problemas de hai 14 anos é a mellor receita para o fracaso”.

Dixo que “metéronlle un gol” ao conselleiro nuns Orzamentos que apenas medran un 1,2 por cento fronte ao 5 por cento de incremento nas contas da Xunta, e advertiu que “non vemos novos folgos nin novas ideas por ningures” para mellorar a situación do sector pesqueiro. Considera “toda unha declaración de intencións” que reduzan un 27,5 por cento os investimentos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Tamén reducirán, sinalou, un 28 por cento o programa da mellora da competitividade e da calidade da produción pesqueira e da acuicultura. Ademais, mentres reducen un 16,1 por cento as partidas da dirección xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, aumentan un 17,5 por cento o orzamento da Secretaría Xeral Técnica, co que “aumentan os departamentos internos pero reducen o que ten que ver coa situación do sector”.

Advertiu ademais que a baixa execución orzamentaria “crónica” das partidas previstas cada ano na Consellería “lastran perigosamente” o desenvolvemento do sector. Mentres, criticou que o conselleiro responde cos “mantras e argumentarios do PP” falando de amnistía e de Cataluña na comparecencia para presentar os Orzamentos do seu departamento.

Afeoulle que continúen a criticar o recurso contra a Lei do Litoral de Galicia por invadir competencias estatais que está baseado no informe do Consello de Estado, do que forma parte a ex ministra do PP Soraya Sáenz de Santamaría. Desafiou ao conselleiro a “ir da man” na vía “rápida, legal e segura” para transferir a competencia de xestión do litoral a Galicia que os socialistas reclaman dende que propuxeran a reforma do Estatuto co presidente Pérez Touriño.

Produción marisqueira

Otero alertou da falla de medidas para afrontar a dramática caída da produción marisqueira nos últimos anos, sinaladamente nas rías de Arousa e Noia, a piques de pechar a temporada días despois do seu inicio como única vía desesperada para salvar a produción dos próximos anos.

Reclamoulle ao conselleiro que atenda ás demandas do sector, que urxe medidas para a rexeneración das rías, comezando por un estudo científico que dea conta das causas desta caída da produción, acompañado dun protocolo de baleirado dos encoros que free a entrada masiva de auga doce que acaba cos bivalvos e medidas de control dos depredadores.

Sinalou que a campaña do libre marisqueo está a piques do seu peche, evidenciando a “situación crítica” dun sector que pasou de 6.500 permisos de explotación cando Feijóo e Rueda chegaron ao goberno a apenas 3.600 en 2023, cando o seu obxectivo era aumentar ata os 8.000.

0.1683931350708