O PSOE de Viveiro ten prevista a creación dun carril bici que una os núcleos de Viveiro e Celeiro

AMariñaXa
O PSOE de Viveiro ten prevista a creación dun carril bici co obxectivo de ofrecer un itinerario seguro e adecuado para as bicicletas e os peóns que permita unir os núcleos de Viveiro e Celeiro,
CARRIL BICI viveiro proposta PSOE
CARRIL BICI viveiro proposta PSOE
23 may 2023

O PSOE de Viveiro, co obxectivo de ofrecer un itinerario seguro e adecuado para as bicicletas e os peóns que permita unir os núcleos de Viveiro e Celeiro, ten prevista a creación dun carril bici.

“Será ademais a forma de potenciar a nosa aposta pola mobilidade sostible, recuperando os espazos públicos para as persoas e os transportes limpos”, asegura María Loureiro, candidata socialista á alcaldía de Viveiro.

Neste sentido, xa incluiu a creación dun tramo deste carril bici dentro do proxecto presentado á convocatoria extraordinaria do Plan de Sostenibilidade Turística, cun orzamento de 300.000 euros.

Os socialistas engaden que “para a creación deste carril bici é necesario contar coa autorización de Portos de Galicia, téndose iniciado xa os trámites e conversas necesarias ao respecto”.