O PSdeG do Vicedo pide unha solución ante as queixas veciñais pola recollida do lixo

AMariñaXa
Lembran, ademais, que a limpeza de contedores só se realiza no casco urbano a principios e finais de verán
lixo-o-vicedo
21 Aug 2024

O PSdeG do Vicedo da man da súa voceira Verónica Canoura preguntou en varias ocasións por como se iba xestionar a recollida de lixo e a limpeza dos contedores na tempada de verán co aumento da poboación. Os socialistas aseguran que segundo o alcalde non é preciso o reforzo.

Lembran, ademais, que a limpeza de contedores só se realiza no casco urbano a principios e finais de verán pola empresa contratada polo Concello, pero que aínda non teñen constancia de que se fixera. Aseguran que xa trataron esta cuestión nos penos dos meses de marzo e maio pero que nestes últimos días recibiron queixas por parte da veciñanza, ademais de que se trata dunha problemática que se mantén sempre durante a tempada estival debido ao volumen de poboación no municipio e que seguen sen dar unha solución.

0.16272401809692