O PSdeG de Foz demándalle á Xunta que realice labores de mantemento no Centro de Saúde

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
3 Abr 2019

Os socialistas focenses consideran prioritario que se destinen recursos para cubrir as carencias de persoal facultativo, enfermeiros ou pediatras no sistema sanitario, porén, din que non poden deixar de observar o deficiente estado do edificio que alberga o Centro de Saúde de Foz, que aseguran "presenta un estado deplorable e unha falta de mantemento escandalosa".
Dende a súa construción e posterior ampliación, no exterior do edificio non se realizou ningunha labor de limpeza e mantemento. "Á vista están os desperfectos e a insalubridade por verdin e mofos, que invaden o exterior da edificación, incumprindo as mais mínimas condicións de ornato que debe presentar calquera edificio público".
"Xa que o goberno de Feijóo, como acaba de anunciar, vai investir mais de medio millón de euros, nunha obviedade tal como poñer rótulos que definan como públicos diferentes hospitais, mais prioritario debería ser, facerse cargo de manter os edificios existentes que, como no caso do Centro de Saúde de Foz, necesitan labores urxentes de mantemento" comentan dende a formación socialista.
Estes motivos leváronos a presentar unha moción, que foi aprobada no pasado pleno da corporación municipal, para esixirlle á Xunta de Galicia unha valoración das deficiencias que presenta presenta o edificio despois do paso dos anos, instándoa a que efectúe as labores de mantemento necesarias.

0.19266986846924