O programa 'Xove ponte en forma' comezará o 2 de outubro
O Concello de Xove prepara unha serie de actividades físicas, o Xove ponte en forma, que comezará o 2 de outubro. Inclúe ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e ximnasia na auga para maiores.
A ximnasia de mantemento será os luns de 11.30 a 12.15 horas e os venres de 10.30 a 11.15 horas. A actividade de aerobic & full body desenvolverase os luns e mércores de 10.30 a 11.15 horas.
Haberá dous grupos de pilates: un será os martes e xoves de 10.30 a 11.15 horas e o outro realizará a actividade os mesmos días de 11.30 a 12.15 horas.
E a ximnasia na auga para maiores desenvolverase os mércores e venres de 11.30 a 12.15 horas.
A inscrición deberá facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove e o prazo remata o 28 de setembro.