O programa ribadense o Concello cos Coles. Ribadeo organiza obradoiros de voleibol

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo e a Anpa Esteo organizan obradoiros de voleibol destinados á mocidade nos meses de abril e maio. A actividade enmárcase no programa o Concello cos Coles.
Ribadeo obradoiro Volei 2023
31 Mar 2023

O Concello de Ribadeo e a Anpa Esteo organizan obradoiros de voleibol destinados á mocidade nos meses de abril e maio. A actividade enmárcase no programa o Concello cos Coles.

Neste proxecto colaboran o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e a empresa de tempo libre Anacos de Lecer.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “consideramos que o deporte contribúe á educación integral da mocidade, ao desenvolvemento harmónico da súa personalidade, á  formación en valores e á adquisición de hábitos saudables”.

A edil ribadense sinalou que “como obxectivo ademais de adquirir destreza e coñecemento na práctica desta disciplina deportiva, o que se persegue é  fomentar en todo momento a participación por riba do resultado e a concepción igualitaria”.

As datas de celebración son os días 21, 22, 28 e 29 de abril e 5 e 6 de maio. Nesas xornadas desenvolveranse os obradoiros de toma de contacto e iniciación. E os días 12 e 13 maio haberá un mini torneo.

As persoas interesadas poden obter información e inscribirse no seguinte whatsapp 617 585 449.

0.18956899642944