O programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si, da Deputación, presentarase en Alfoz

AMariñaXa
A Deputación provincial lanza con AELU un programa de apoio e asesoramento ás empresarias e emprendedoras do rural
1 Femenino rural Alfoz
1 Xul 2022

Para chegar ao maior número de mulleres e facilitar a súa participación, as distintas accións realizaranse nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e Ribeira Sacra.

O programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si, unha iniciativa que dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuíta a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio ou poidan poñer en marcha con garantías a súa idea emprendedora.

Será presentado no salón de actos da casa da cultura do Concello Alfoz o vindeiro luns 4 de xullo ás 11.30 horas.

A Deputación financia este proxecto integramente cunha achega económica de 40.000 euros a través dun convenio de colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), a entidade que desenvolverá as distintas accións.

POR COMARCAS

Co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación, todas as accións do proxecto faranse de maneira deslocalizada, nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra.

Nunha primeira fase, organizaranse almorzos de traballo conxunto nos que participarán 175 mulleres nas 7 comarcas. En cada comarca habilitaranse 25 prazas co obxectivo de “crear sinerxías entre os establecementos de cada zona, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias entre empresarias e emprendedoras que beneficien ós proxectos individuais de cada unha”, detallou Tomé Roca.

Despois, haberá unha segunda fase onde participe unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo. Polo tanto, un total de 35 persoas recibirán unha formación e un asesoramento personalizados, que irán  dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.

0.1694438457489