O programa cultural 'Camiño Escena Norte' arranca esta fin de semana con funcións en Santiago e en Foz

Foz
AMariñaXa
Foz debutará como sede do programa con unha actuación de novo circo este domingo
By ò Bu_Yarleku (1)
11 sep 2024

O programa Camiño Escena Norte comeza esta fin de semana a súa andaina por Galicia cunha oferta cultural que destaca pola súa diversidade e accesibilidade. O venres 13, a praza de Praterías en Santiago de Compostela será o escenario do espectáculo inaugural Check Out de Adrián Conde, unha comedia visual galardoada con premios de prestixio en Asturias. Esta función, que comezará ás 19.00 horas, será de balde até completar capacidade.

O domingo 15, o programa chega a Foz por primeira vez, cunha actuación que terá lugar na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas. A compañía navarra Yarleku e El Punto Gunea presentarán By ò Bu. Aproximación al no existir, un espectáculo de novo circo dirixido a público adolescente e adulto. En caso de choiva, a función será trasladada á Sala Bahía.

A sexta edición de Camiño Escena Norte tamén traerá a Lugo o encontro profesional Habitación Peregrina PRO, do 17 ao 19 de setembro, que incluirá actividades e talleres sobre inclusión, accesibilidade e sustentabilidade nas artes escénicas. O prazo de inscrición para este evento pecha o 13 de setembro e está aberto a través do seguinte enlace.

0.15665602684021