O programa Coidados porta a porta volve a Xove a finais de mes

AMariñaXa
O Concello de Xove acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
27 Maio 2023

Os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño, o concello de Xove,  volve a recibir a unidade móbil do programa “COIDADOS PORTA A PORTA” promovido dende a Consellería de Política Social.

Este programa ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, para maiores de 55 anos, que poderán acceder gratuitamente aos diferentes servizos que se ofertan no programa.

Todas as persoas interesadas en participar neste programa, poderán reservar a súa cita no teléfono 622 748 283 ou 623 546 992.

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida e estará situada na praza do Concello, dende as  9 da mañá ata as 8 da tarde, en horario continúo, durante os días 31 de maio, e  1 e 2 de xuño.

0.18672609329224