O programa Actívate da Deputación dobra as prazas nas actividades ata final de mes

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O programa Actívate da Deputación dobra as prazas nas actividades ata final de mes e amplía o aforo das actividades ata os 15 participantes.
ACTIVATE NO CASTRO DE VILADONGA
7 Jun 2021

A institución provincial adapta este programa á nova normativa sanitaria e amplía o aforo das actividades ata os 15 participantes. O sábado as persoas inscritas coñeceron Os increíbles ceos do Xistral e, o domingo,  os segredos que agocha o Castro de Viladonga.

A Deputación de Lugo continúa co programa Actívate e adáptase á nova normativa sanitaria cun aumento de prazas para todas as actividades. Todas as propostas realizadas ao aire libre contan, dende esta fin de semana, con 15 prazas, 7 máis que ata o de agora. Actívate é unha iniciativa da Deputación para promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia, favorecendo deste xeito a recuperación do turismo, a hostalería e o comercio despois do impacto da pandemia.

Este sábado realizouse na Serra do Xistral a única actividade nocturna do programa, Os increíbles ceos do Xistral, que permitiu dar a coñecer os estrelados ceos deste espazo natural. Hoxe domingo, o Castro de Viladonga acolleu unha proposta para descubrir este espazo histórico, Aventura no Castro de Viladonga. Estas actividades, que arrancaron en maio, levaranse a cabo todas as fins de semana deste mes xuño.

Ata o de agora, as iniciativas tiveron unha gran acollida e esgotaron as prazas nas primeiras xornadas tras a apertura de inscrición. As persoas interesadas en participar nas próximas iniciativas deste programa poden inscribirse na páxina web http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/activate. Para máis información poden chamar ao teléfono 982.260.011 ou enviar un correo electrónico a atuaprovincia@deputacionlugo.org.

Próximas actividades

As actividades do programa Actívate das próximas semanas son as seguintes:

XUÑO

  • 12 de xuño: Sendeirismo Castelo de Pambre e torrentes do Mácara, Palas de Rei
  • 13 de xuño: Surfeando na costa da Mariña, en Foz
  • 19 de xuño: Introdución ao Tai Chí, en Guntín
  • 20 de xuño: Descubrindo as pegadas da fauna, na Fonsagrada
  • 26 de xuño: Sendeirismo na Mariña occidental, no Vicedo
  • 27 de xuño: Kaiak no río Eo, en Trabada

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18348693847656