O profesor Alberto Valín presenta o seu libro en Ribadeo
AMariñaXa
Trátase dunha obra que, entre outras moitas cousas relevantes para a historia de España, como para a de Galicia, representa un excelente exemplo de como foi a historia da masonería española
17 Out 2024
Este sábado, 19 de setembro ás 19 horas no Salón dous Alcaldes do Pazo do Concello de Ribadeo, Alberto Valín, profesor da Universidade de Vigo, presentará coa compañía dos coñecidos mariñáns: o exalcalde e cronista oficial de Ribadeo Eduardo Gutiérrez Fernández, o xornalista Martín Fernández Vizoso, a historiadora, a doutora en Historia da arte, Celia Castro Fernandez e o editor de Editorial Publicacións Antonio Andina Penabad, o libro titulado Galicia y la Masonería en el siglo XIX. Conspiración liberal, laicismo, galleguismo regionalista y protofeminismo.
Trátase dunha obra que, entre outras moitas cousas relevantes para a historia de España, como para a de Galicia, representa un excelente exemplo de como foi a historia da masonería española desde o seu inicio ata a crise colonial do ano 1898. O descubrimento máis relevante desta obra foi a nova técnica de golpe de estado liberal que, en febreiro de 1820, e utilizando unha logia masónica coruñesa como cédula revolucionaria conspiradora, composta por tres militares mariñáns (dous de Viveiro, e o outro de Ribadeo e, por certo, con residencia familiar este último no vello pazo que hoxe serve de palacio municipal e onde se presentará este libro), dous asturianos e dous da Coruña, conseguiron estes masones, coa revolución que provocaron, concederlle á historia de España o advenimiento do Trienio Constitucional (1820-1823), copiándolle esta nova técnica de golpe de estado o resto das burguesías subversivas de Europa e de Sudamérica.
Despois deste acontecemento, este libro fálanos, por exemplo, das loitas laicistas, tanto no ámbito escolar como no ámbito político, que levaron a cabo os masones galegos, a participación dentro da masonería dos primeiros galeguistas como Losada Astray, Curros Enríquez, Leiras Pulpeiro, Moreno Barcia etc. Ademais de mostrar un exemplo descoñecido ata o de agora de masonería rural e ser, tamén, a masonería galega a primeira, a nivel universal, en levar a cabo o igualitario feminismo masónico.