O PP esixirá no Senado un plan de choque para frear a “sangría” de autónomos na provincia de Lugo

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Os populares reclaman ao Goberno de España medidas específicas para unha provincia que perdeu 4.270 traballadores por conta propia desde 2018
Imaxe recurso dun xardiñeiro
22 Sep 2026

O Partido Popular reclamará este mércores no Senado que o Goberno de España poña en marcha un plan de choque específico para frear a perda continuada de traballadores autónomos na provincia de Lugo. Os senadores lucenses José Manuel Balseiro e Juan Serrano serán os encargados de defender na Comisión de Traballo e Economía Social unha moción coa que o Grupo Popular pretende situar no centro do debate unha evolución que cualifica de “especialmente preocupante”.

Os últimos datos correspondentes a agosto de 2026 sitúan en 30.582 o número de autónomos na provincia de Lugo, un 0,61% menos que un ano antes. A evolución contrasta coa de Galicia, onde o número de autónomos aumenta, tamén conxunto de España, onde medra un 1,87%. A maiores, desde agosto de 2018 a provincia perdeu 4.270 traballadores por conta propia, o que supón unha caída superior ao 12%.

Balseiro e Serrano consideran que estes datos evidencian “un problema específico que o Goberno de Pedro Sánchez non pode seguir ignorando nin atribuír exclusivamente á demografía, á estrutura produtiva ou ás competencias doutras administracións”.

“O Goberno de España non pode lavarse as mans”, sosteñen os senadores, que lembran que o Executivo central ten competencias directas sobre o Réxime Especial de Traballadores Autónomos, as cotizacións, a Seguridade Social, a protección social e ámbitos relevantes da fiscalidade e da regulación que condiciona a actividade dos traballadores.

Os senadores lucenses poñen como exemplo as políticas da Xunta en materia de emprego por conta propia, que en 2026 mobiliza máis de 40 millóns de euros en programas específicos para autónomos e mantén un Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 dotado con máis de 320 millóns.

0.1512610912323