O PP de Viveiro urxe ao Goberno local a solucionar os problemas de subministro de auga potable en Galdo

AMariñaXa
O Grupo Municipal Por Viveiro vén de informar que presentará unha nova pregunta ao Pleno da corporación sobre as futuras pistas de atletismo
grifo
grifo
15 sep 2023

Mariña Gueimunde urxe ao Goberno local a solucionar de forma inmediata os problemas de subministro de auga potable en Galdo.

"Os veciños do núcleo de Fornela, na parroquia de Galdo, non poden consumir directamente a auga da traída municipal", di a voceira do PP, Mariña Gueimunde, isto débese “á probada incapacidade” de xestión da alcaldesa para adoptar as medidas necesarias para garantir, como é a súa obriga, o subministro de auga potable. 

"Á vista de tan grave problema", a popular manifesta que "esta é unha mostra máis da falta de rigor na xestión que leva a cabo a rexedora socialista. O subministro de auga potable é unha obriga dos Concellos. E para elo teñen que ter as infraestruturas necesarias para asegurar a captación, potabilización e distribución nas debidas condicións. Está claro que a alcaldesa non fixo os deberes cando tocaba facelos e agora son os nosos veciños, neste caso os de Fornela, os que sofren a súa falta de traballo”, remarca.

COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS PARA OS AFECTADOS

O voceira popular indica que todos os usuarios do abastecemento teñen que pagar “relixiosamente” as cantidades correspondentes á prestación deste servizo polo Concello. Por iso, e dado que, nas actuais circunstancias, o servizo non cumpre as condicións mínimas, reclaman ao goberno local que considere a posibilidade de aplicar medidas económicas compensatorias.

Gueimunde advirte que, en previsión de algo semellante puidese acontecer, o pasado día 6 o Grupo Municipal do PP preguntou ao Goberno local polo cronograma de actuacións a realizar en distintas parroquias ata final de ano, tendo en conta que no acordo programático de apoio do grupo Por Viveiro á investidura da socialista figura no punto número 7: Inversiones de 300.000 euros al año en actuaciones en las parroquias, e o BNG manifestou tamén publicamente a atención ás parroquias como unha das súas prioridade. Pero a resposta dada polo equipo de goberno foi, segundo apunta, “un escándalo”.

“Que a contestación á pregunta referida no pleno sexa que Medio Rural prepara un mapeo do Concello para optimizar e planificar o mantemento viario, parécenos un despropósito”; de aí que conclúan que “os gobernantes de Viveiro non se enteran nin se entenden entre eles. Só se poñen dacordo para sentarse no sillón, pois á hora de estar no terreo e dar solucións e respostas ás necesidades dos veciños, miran para outro lado”.

“Lamentamos profundamente o que están a vivir os veciños afectados de Fornela. É unha situación impropia do século XXI que amosa que o goberno local está a todo menos a traballar e a dar servizo aos viveirenses. Dende logo non o merecen e así o queremos trasladar publicamente”, insisten.

Traída Viveiro
0.18851494789124