O PP de Viveiro pide a limpeza das canles fluviais nos tramo urbanos

AMariñaXa
Os concelleiros do PP de Viveiro instan ao Goberno bipartito a desenvolver con urxencia as actuacións de mantemento e conservación fluvial
Tramo-urbano-rego-da-Trasposta-sen-limpar-en-Viveiro
15 Out 2024

Os concelleiros do PP de Viveiro instan ao Goberno bipartito a desenvolver con urxencia as actuacións de mantemento e
conservación fluvial coas que manter limpas as canles do rego da Trasposta, rego de Cova e río dos Foles nos seus tramos urbanos”. Así lle corresponde aos Concellos segundo indica a instrución 1/2019, do 7 de xaneiro, para o establecemento de directrices técnicas de conservación fluvial de carácter ordinario de Augas de Galicia que indica que “con carácter xeral, as actuacións ordinarias de conservación e mantemento fluvial deberán ser executadas polas entidades locais”.

Os populares advirten que “xa comezou o tempo propio do inverno e o Concello aínda non desenvolveu eses traballos de limpeza que debería ter xa debidamente realizados antes de que se produzan episodios de importantes chuvias que, ao non
dispoñer de canles limpos, poidan desbordarse e provocar inundacións”. A portavoz, Mariña Gueimunde, sinala que “o Concello debe velar pola seguridade dos veciños e veciñas” e lembra que, “lamentablemente, non é a primeira vez que
se producen inundacións en Viveiro”.

A instrución 1/2019, do 7 de xaneiro, para o establecemento de directrices técnicas de conservación fluvial de carácter ordinario recolle criterios e pautas do procedemento e actuacións dirixidas ao mantemento das condicións naturais dos ríos e á recuperación da súa funcionalidade respectando o principio básico de preservación do valor ambiental.

0.27279901504517